Dende hoxe e ata o 23 de abril é posible solicitar unha praza de novo ingreso na Escola Municipal Intantil "Os Pequerrechos" para o vindeiro curso 2021/2022.
Os principais requisitos para realizar a solicitude son:
- Que o neno teña nacido no momento de presentar a solicitude.
- Estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude, se é o caso.
- Ter polo menos tres meses na data de ingreso na escola.
- Non ter tres anos a 31 de decembro do ano en que se realiza este trámite.
Pódese atopar toda a información sobre o trámite na sede electrónica do Concello, no apartado de trámites destacados.