A Xunta de Galicia impulsa seis novas lanzadeiras de emprego que comezarán a funcionar en novembro na Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo para acompañar a persoas desempregadas na súa procura de emprego. Este programa de orientación laboral está aberto a participantes de entre 18 e 60 anos en situación de desemprego, con independencia do seu nivel de estudos e experiencia.
A iniciativa Lanzadeiras de Emprego está promovida de maneira conxunta pola Xunta, a Fundación Santa María la Real e a Fundación Telefónica. É un programa gratuíto que procura guiar a persoas en situación de desemprego e reactivar así a súa procura de traballo. Pretende, mediante a formación en novas técnicas e ferramentas, que reforcen as súas competencias transversais e dixitais para adaptalas ás demandas do mercado laboral.
As lanzadeiras comezarán a funcionar a finais de novembro na Coruña, Carballo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo e estarán operativas ata finais de abril de 2021. Están abertas a persoas en situación de paro ou desemprego, con idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos. Poden ter calquera nivel de estudos e proceder de sectores profesionais diferentes e ter ou non experiencia previa.
O programa está deseñado en formato mixto, co que os participantes asistirán a sesións virtuais e presenciais, con todas as medidas de seguridade, hixiene e distancia social. Durante a formación contarán co apoio e o asesoramento de técnicos especializados que lles aportarán competencias para realizar un itinerario integral de procura de emprego, actualización de currículo, simulación de entrevistas de traballo e contacto con empresas.
As persoas interesadas en participar neste programa dispoñen ata o 9 de novembro para formalizar a súa inscrición na web www.