XII Carreira pedestre do nadal San Cibrao das Viñas

Terá lugar o domingo 22 de decembro de 2013.

CARR_2013

Lugar e data

Terá lugar o domingo 22 de decembro de 2013.

O horario:

  • 12:00 h Saída da carreira de adultos e nenos.
  • 13:00 h Saída carreira pitufos.
  • 13:15 h Ágape e chocolate para os/as participantes.
  • 13:30 h Entrega de trofeos e sorteo de regalos.

O punto de saída: O punto de saída e meta, serán as piscinas municipais de Ponte Noalla. GPS (WGS84): 42º 17′ 01″ N, 7º 50′ 15″ O

Máis información

Contacto correo: javierparedes@edu.xunta.es

Telf. 647 913 079

http://www.championchipnorte.com/

Inscricións

Presenciais: Running Sport Rúa Nosa Sra da Saínza,18. Ata o mércores día 18 de decembro.

Na web: http://www.championchipnorte.com/. Ata o xoves día 19 de decembro.

Notas importantes:

  • As inscricións estarán limitadas a 500 participantes, incluido adultos e nenos/as.
  • A inscrición ten un custo de 5€. O pago poderase facer a través da web de http://www.championchipnorte.com/ ou en man en Running Sport.
  • Os/as participantes da carreira de 3Km que non posúan DNI, deberán facer a súa inscrición de forma presencial en Running Sport.
  • As inscricións da categoría Pitufos faranse o día da proba.

Regulamento xeral

1. A saída e a meta estarán situadas nas Piscinas Municipais de Ponte Noalla, nas inmediacións do Polígono de San Cibrao das Viñas.

2. A recollida de dorsais e chips, farase dende as 9:00 horas ata media hora antes de iniciar a proba.

3. O percorrido será de 300 m. para a categoría pitufos, de 3 Km. para as categorías A – B – C – D, e de 8.5 Km. para as restantes categorías A saída será conxunta para as categorias de escolares e absolutos. Os escolares pararán na primeira volta e os restantes corredores completarán duas voltas (1 pequena e 1 grande).

4. A clasificación será absoluta e por categorías; os premios non son acumulables e só se recibirá o de maior cuantia. Recibirá o de menor importancia o inmediatamente seguinte clasificado.

5. A organización contará co asesoramento da Delegación Ourensana de Atletismo, o Comité de Xuíces e a colaboración de organismos municipais competentes, que regularán o tráfico ó longo de todo o percorrido.

6. Todo corredor que chegue á meta sen dorsal ou chip, será desclasificado. Tamen deberá devolve-lo chip o finaliza-la proba para optar ós premios.

7. O percorrido estará sinalado cada Km.

8. A carreira estará controlada por Cronometraxe electrónico pola empresa CHAMPIONCHIP.

9. As inscricións estarán limitadas a 500 participantes.

10. Establécense os seguintes premios:

  • 150€ – 100€ – 75€ – 60€ – 60€ – 60€ ós seis primeiros clasificados/as en material deportivo.
  • Trofeo ós 3 primeiros clasificados/as de cada categoría.
  • Camiseta técnica para tódos/as participantes que rematen a proba.
  • 60€ ós seis primeiros clasificados/as do concello de San Cibrao das Viñas en material deportivo.
  • Medalla para tódos os pitufos participantes ata esgotar existencias.
  • Sortearanse numerosos agasallos e produtos gastronómicos, bicicletas e cestas de Nadal.
  • Premio especial ós 6 primeiros traballadores-empresarios do Polígono de Barreiros e San Cibro das Viñas.
  • A organización obsequiará cun ágape a todos os participantes da proba.

11. Establécense as seguintes categorías:

Con Saída ás 12:00 horas, distancia 3 Km:

A) Alevín: 2003 e 2004
B) Infantil: 2001 e 2002
C) Cadete: 1999 e 2000
D) Xuvenil: 1997 e 1998

Con Saída ás 12:00 horas, distancia 8,5 Km:

E) Junior – Promesa: 1992 – 1996
F) Senior: 1991 ata veterán
G) Veterán A: de 40 a 49 anos
H) Veterán B: de 50 a 59 anos
I) Veterán C: de 60 anos en adiante

Con Saída ás 13:00 horas, distancia 300 m:

Pitufos 2005 e posteriores

12. Debido o carácter estritamente deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións. A participación é libre e leva implícito a aceptación do Regulamento Xeral da Proba. O Concello de San Cibrao das Viñas, asi como a comisión organizadora non se farán responsables dos danos físicos, morais ou materiais que ocasione a participación nesta carreira.

13. Aqueles aspectos que non se contemplen no Regulamento, resolveranse polo disposto no Regulamento de Federación Internacional de Atletismo.