X Andaina popular rutas de sendeirismo

Tivo lugar o pasado domingo 18 de setembro de 2016.

X-Andaina-PopularTerá lugar o vindeiro domingo 18 de setembro de 2016 con saída ás 9:30 horas.

Percorrido

Vaise realizar sobre un tramo circular de 17,9 quilómetros con punto central na Boutureira.

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización. O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.

O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.

Avituallamentos líquidos nos quilómetros 6,9 e 12,8.

Punto de partida

Está situado na área recreativa da Boutureira. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense – San Cibrao das Viñas – Vilanova – Soutopoenedo – A Merca… No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.

Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente: 42º15’58″N, 7º53’01″W

Tramo único

A Boutureira – Vilanova – Outeiro Calvo – San Cibrao das Viñas – Rante – Currás – A Torre – A Boutureira.
Distancia: 17,9 quilómetros.

Inscricións na Andaina

O custo da inscrición é de 6€ e da dereito a un agasallo conmemorativo, avituallamento, bocadillo e bebida.

Pódese realizar cumprimentando o boletín de inscrición que lle achegamos e poderá realizarse dos seguintes xeitos:

A. Nas tendas de deportes

Armería O Vinteún (988 373 766), Intersport Bouso (988 226 592), Sequesport (988 617 707), K2 Ourense (988 045 073).

Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, e realizando o pago da inscrición (6€) e opcionalmente o importe do tícket do pulpo (7€) na propia tenda.

B. No Concello de San Cibrao das Viñas

O teléfono do Concello é o 988 381 034, e a inscrición debe facerse do seguinte xeito:

  1. Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), na conta ES51 0081 2172 27 0001004411 do Banco de Sabadell, ou na conta ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca, ata o día 15 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
  2. Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, para recoller o dorsal.

Non existe a posibilidade de reservar o pulpo facendo o ingreso do seu importe nunha conta bancaria do Concello, deixando como única opción adquirilo o día da andaina ó mesmo prezo pero sen reserva previa.

C. Por fax

Para facer a inscrición por Fax é necesario seguir os seguintes pasos:

  1. Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), na conta ES51 0081 2172 27 0001004411 do Banco de Sabadell, ou na conta ES28 2080 0476 16 3110000041 de Abanca, ata o día 15 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.
  2. Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e entregalo no Concello en horario de 8:30 a 14:00 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso, para recoller o dorsal.
  3. Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.
  4. Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 8:30 a 14:00 nos días previos a Andaina, na Casa do Concello, ou o día 18 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.

Non existe a posibilidade de reservar o pulpo facendo o ingreso do seu importe nunha conta bancaria do Concello, deixando como única opción adquirilo o día da andaina o mesmo prezo pero sen reserva previa.

Nota: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal.

A data límite de inscrición é ata o 15 de setembro no Concello e nas tendas de deporte, ata un máximo de 300 participantes.

Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 18, ás 9:00 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.

Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

Responsabilidades

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia. Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Premios

Tódolos participantes que acaben a proba terán dereito a un agasallo conmemorativo.

Haberá premio para o CLUBE con máis participantes. Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.