V Andaina popular rutas de sendeirismo

PortadaTrip2011Terá lugar o vindeiro domingo 25 de setembro de 2011 con saída ás 9:00 horas.

O punto de partida: estará situado na área recreativa da BOUTUREIRA. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense – San Cibrao das Viñas – Vilanova – Soutopoenedo – A Merca… No quilómetro 6,500, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á Boutureira.

Localización GPS da entrada á Boutureira en WGS84 para empregar nos GPSs de uso corrente.

GPS: 42º15’58″N, 7º53’01″W

Percorrido

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 21,5 quilómetros, e constará de dous tramos de forma circular, con punto central na BOUTUREIRA, podendo cada participante remata-lo percorrido ó final de cada tramo.

TRAMO 1º: A Boutureira – Montelongo de Arriba – Penedo – A Torre – A Boutureira. Distancia:11,300 quilómetros.

AND.09.PERFIL.TRAMO.1

TRAMO 2º: A Boutureira – Vilanova – Outeiro Calvo – Muiño Victoria (tramo alternativo) – A Boutureira. Distancia: 10,200 quilómetros.

AND.09.PERFIL.TRAMO.2

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.

O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo.

O perfil da proba pode considerarse de dificultade media.

Avituallamentos líquidos nos quilómetros 8 e 16,5.

Inscrición e dorsais

A Inscrición terá o prezo de 6 EUROS e dará dereito a un mochila conmemorativa,avituallamento, bocadillo e bebida. Tamén será opcional unha ración de polbo, pan e viño con ticket de reserva de 6 EUROS, antes do día 22 de Setembro, e poderá realizarse dos seguintes xeitos:

A). – Directamente nas tendas de deportes: Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport(988 373 700), Intersport Bouso (988 226 592), Zagora Aventura (988 269 708), Red.1 Deportes (988 237 019), Sequesport (988 617 707).

Co boletín de inscrición que se atopa no triptico, ou con este boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal e o ticket do polbo.

B). – Directamente no Local Social e Biblioteca do Concello de San Cibrao das Viñas (Concello: 988 381 034 Biblioteca: 988 382 809), do seguinte xeito:

1º -Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 22 de setembro inclusive.No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º – Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición , e entregalo no local Social e Biblioteca en horario de 9:30 a 13:30 e de Luns a Venres xunto co resgardo do ingreso.

C). – Por Fax, do seguinte xeito:

1º – Realizar o ingreso do importe da inscrición (6€), e opcionalmente o importe do tícket do polbo (6€), na conta 0046 0066 90 0002000930 do Banco Gallego, ata o día 22 de setembro inclusive. No concepto do ingreso terá que aparecer: ANDAINA e o NOME da persoa inscrita.

2º – Cumprimentar o seguinte boletín de inscrición, e remitilo ó Concello xunto co resgardo do ingreso por Fax ó 988 381 101

3º – Esperar a confirmación da reserva por parte do Concello, co número de dorsal, por correo electrónico, por Fax ou por teléfono.

4º – Recoller o dorsal calquera día de luns a venres e de 9:30 a 13:30 nos días previos a Andaina, no Local Social e Biblioteca, ou o día 25 de setembro no punto de saída, media hora antes do inicio da andaina.

Nota: Non se realizará a devolución dos importes no caso de non recoller o dorsal ou o tícket do polbo.

As tendas de deportes subministrarán dorsais ata o día 22 de setembro e ata un máximo de 300 participantes.

No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ata o día 23 de setembro.

Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse na Boutureira o día 25, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 300 participantes.

Non se permitirá participar a ningunha persoa sen dorsal.

Responsabilidades

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.

Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Premios

Tódolos participantes que acaben un tramo da proba terán dereito a unha mochila conmemorativa.

Haberá premio para o CLUBE con máis participantes.

Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.