Termalismo Social – IMSERSO 2018

Ábrese o prazo para a presentación de instancias para as quendas de Termalismo Social que oferta ó IMSERSO para ó 2018

Requisitos dos usuarios:

  • Ser pensionista da Seguridade Social de xubilación ou de incapacidade permanente do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista de viuvedade con de 55 ou máis anos de idade so Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser pensionista por outros conceptos ou perceptor de prestación ou subsidio de desemprego con 60 ou máis anos de idade do Sistema de Seguridade Social español.
  • Ser asegurado ou beneficiario do Sistema da Seguridade Social español, con 65 anos ou máis.

O solicitante poderá ir acompañado dos fillos con discapacidade, ou do seu cónxuxe ou parella, para éstes últimos non se esixirán os requisitos de pensión nin idade.

Documentación a Presentar:

  • D.N.I. do solicitante e do cónxuxe/parella.
  • Cuantía da pensión que perciben ámbolos dous.

Prazos:

  • Para as quendas de febreiro ata agosto (ambos incluidos):  Ata o 4 de xaneiro de 2018
  • Para as quendas de setembro a decembro: Ata o 11 de maio de 2018
  • Para a súa inclusión na lista de agarda: Ata o día 31 de outubro de 2018

O que se fai público para xeral coñecemento.

San Cibrao das Viñas, 29 de novembro de 2017.