Programa “Benestar en Balnearios 2017”

Ábrese o prazo para a presentación de instancias ATA O DÍA 17 DE ABRIL de 2017 para as quendas do Programa Benestar en Balnearios que oferta a Xunta de Galicia para o ano 2017. (DOG Nº 53, de 16 de marzo de 2017)

Reequisitos:

1º-  Ser maior de 60 anos, ou de 55 reunindo a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións

2º-  Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

3º – Valerse por si mesmo e estar en condicións de participar no programa, ágás no caso de fillo/as ou persoas tuteladas que acudan en calidade de acompañantes.

4º – Non padecer alteracións do comportamento que poidan afectar a normal convivencia nos establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.

5º – Carecer de contraindicación médica para recepción dos tratamentos termais.

A persoa solicitante poderá ir acompañada de:

O seu conxúxe ou persoa con análoga relación de convivencia sempre que cumpran os requisitos anteriormente citados excepto o sinalado no nº 1.

Os fillos/as que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que non necesite apoio de terceira persoa, se poida desprazar con autonomía, comparta cuarto cos proxenitores e cumpran os requisitos anteriores, excepto o sinalado no nº 1.

Unha persoa  coa cal desexe participar no programa, sempre e cando esta cumpra todos os requisitos.

Documentación a presentar:

Solicitude (anexo I e anexo II e III, cando proceda). Dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es

Copia compulsada do pasaporte, se procede, da persoa solicitante e se fose o caso á que a acompaña

Copia do libro de familia da persoa solicitante no caso de que queira acudir acompañada dun fillo/a con discapacidade.

Certificado do grao de discapacidade do fillo/a do solicitante de non ser expedido pola Xunta de Galicia ou non estivese no poder desta.

Certificado das pensións non outorgadas polo INSS nin pola Xunta de Galicia, da persoas solicitante e da acompañante, se fora o caso.