Pintando o mundo de laranxa

A Asociación de Mulleres Rurais “Florecer” de Ponte Noalla organizou o día 27 de novembro unha andaina solidaria contra as mulleres e as nenas que sufren a violencia de xénero. Este acto contou coa participación de 80 persoas, que realizaron un percorrido circular de 6,7 quilómetros desde o complexo recreativo das Charcas da Mora de Ponte Noalla, pasando por Reboredo, Calvos e Castroverde.

O Concello de San Cibrao das Viñas, representado polo alcalde, Pedro Fernández, e as concelleiras Marta Nóvoa e Ana Moreiras, colaborou na organización desta marcha que tivo como lema “Pinta o mundo de laranxa“.

 

Andaina Solidaria - Pintando o Mundo de Laranxa
Momento da Andaina Solidaria