Listado provisional de admitidos na escola infantil 2017/2018

Proceso a seguir para a matriculación dos nen@s na escola infantil para o curso 2017/2018

Nesta sección facilitamos o proceso a seguir para a matriculación dos nenos e nenas que desexen asistir a esta escola infantil para o curso que comeza en setembro do ano 2017 e que e válido para nenos e nenas nados a partir do 1 de xaneiro de 2015.

Listado provisional de admitidos

O listado atoparase neste apartado unha vez rematada a baremación.
Listado provisional Maio 2017

Listado definitivo de admitidos

Despois do prazo establecido, publícarase neste apartado durante o mes de maio.

Prazos

Do 1 ó 20 de marzo:

Este prazo só e necesario para os alumnos/as que están matriculados/as no curso actual na escola e desexen continuar na mesma. Para o cal deberán presentar a seguinte documentación nas instalacións da Escola Infantil e no propio Concello:

  1. Folla de solicitude de reserva de praza selada no rexistro de entrada do Concello, descarga o documento (PDF, 95KB).
  2. Relación do núcleo de convivencia do Concello onde resida a unidade familiar.
  3. Declaracións da renda correspondentes ó ano 2015 de todos os membros da unidade familiar.
  4. Certificados laborais actuais dos pais.

Unha vez comprobada a realización deste trámite, estes alumnos/as terán garantido o acceso o novo curso sempre que formalicen o pago da correspondente matrícula previa comunicación do Concello.

Do 1 ó 20 de abril:

Este prazo vai dirixido a todos os/as nenos/as que soliciten praza por primeira vez na escola infantil, e durante o mesmo terán que presentar a documentación seguinte:

  1. Folla de solicitude de praza selada no rexistro de entrada do Concello, descarga o documento (PDF, 153KB).
  2. Fotocopia cotexada do libro de familia dende a primeira folla ata a ultima cuberta.
  3. Fotocopia cotexada do título ou equivalente de familia numerosa, no seu caso.
  4. Fotocopia cotexada do DNI, do Pasaporte ou documento acreditativo dos pais/nais ou titores legais, en vigor.
  5. Certificado de empadroamento actualizado con relación do núcleo de convivencia (certificado de convivencia) do Concello onde resida a unidade familiar.
  6. Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
  7. Os/as profesionais autónomos/as achegarán ademáis da declaración da renda correspondente ó exercicio anterior, a base de cotización do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social.
  8. Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerce a patria potestade achegando sentenza ou convenio regulador no seu caso.
  9. Documentación acreditativa no caso de cursar estudos oficiais.
  10. Copia da última nómina e certificado da empresa con especificación da xornada laboral dos membros da unidade familiar que aparezan no certificado de convivencia.
  11. Fotocopia da tarxeta do INEM, si se atopa como demandante de emprego.
  12. No caso de non poder achegar documentación xustificativa de ingresos, declaración xurada ó respecto dos membros que proceda.
  13. Certificado de Vida Laboral das persoas maiores de 18 anos que formen parte do núcleo de convivencia expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
  14. Certificado de minusvalía alegada polos membros da unidade familiar.

Durante o mes de maio:

Faranse públicas as listas provisionais de admitidos/as, excluídos/as e a lista de espera para o curso 2017/2018 nesta mesma páxina, no taboleiro de novas do Concello e nas oficinas da escola infantil, e unha vez transcorrido o prazo establecido no artigo 21º do regulamento de réxime interior, elevarase a dita lista a definitiva, e publicarase durante o mesmo mes.

Durante o mes de xuño:

Os nenos/as que figuren como admitidos/as na lista definitiva terán que facer efectivo o ingreso da matrícula na conta bancaria que se lles facilitará ó efecto, e de non facelo, decaerá o dereito á praza.

Para resolución de dúbidas

Na Escola infantil no número 988 384958, ou directamente a coordinadora da Escola infantil Susana Doval no número 608 931615.