Comunícase a tódolos veciños que estén interesados en matricular os seus fillos NO COLEXIO DE EDUCACION INFANTIL E EDUCACIÓN PRIMARIA PLURILINGÜE DE SEIXALBO, no curso 2017-2018 que o poderán facer dende ó día 1 ata o 20 de marzo.

Os impresos para solicitar praza poderanse recoller persoalmente ou ben por algún/algunha alumno/a que xa este no Colexio.

É preciso que se faga a solicitude de praza no tempo sinalado. De non ser así poderá quedar sen praza para o vindeiro curso.

O que se fai público para xeral coñecemento.

San Cibrao das Viñas, a 1 de marzo de 2017.-