Ademáis de ser o polo industrial máis importante da provincia de Ourense, o polígono de San Cibrao das Viñas é o máis antigo de Galicia. O 25 de maio de 1965 o Consello de Administración da entonces Caixa de Aforros Provincial de Ourense tomou la decisión de poñer en funcionamento esta zona industrial no sur de Galicia.

Hoxe en día conta cunha área total de 4.800.000 metros cuadrados, 320 empresas instaladas e máis de 8.000 traballadores. As empresas que traballan neste polígono pertencen a múltiples sectores, desde a metalurxía á industria madereira, pasando por textil, comercio ou construcción.

Localización

No seguinte mapa podes visualizar a ubicación do Polígono, para abrir nunha nova ventana fai click aquí.

Rede de comunicacións

O Polígono ten unha privilexiada situación, conta con un acceso á Autovía das Rías Baixas, que une Madrid e Vigo, moi próximo á entrada desta zona industrial. Tamén ten conexión co norte de Galicia a través da autovía Ourense – Santiago de Compostela.

No tocante á rede de ferrocarriles, o Polígono de San Cibrao das Viñas conta con un apeadero propio, que permite ás empresas instaladas enviar directamente a súas mercadorías a cualquera punto de Europa a través do ferrocarril, estando a rede ferroviaria ourensana excelentemente comunicada tanto co interior de España como coa costa.

Asociación de empresarios del Polígono Industrial San Cibrao das Viñas

Qué é a asociación?

É a agrupación de empresarios do Polígono San Cibrao, que busca o benestar dos seus membros a través dos servizos que proporciona á vez que xestiona os intereses comúns dos seus asociados como o servizo de vixilancia, o servizo de extinción de incendios, a higienización de zonas comúns etc.

Para máis información http://www.poligonosancibrao.com