O actual Polígono Barreiros é froito da iniciativa privada e da necesidade que tiveron as primeiras empresas de buscar terreos fose do área industrial de San Cibrao, un feito que marcou a particular fisonomía do Polígono, levantado no seu maior parte ao longo da estrada N-525.

En 1975 instalábase neses terreos a primeira empresa, "Louzán e Bertolez S.L.", dedicada á automoción, aínda que habería que esperar ata 1997 para que a zona fose recoñecida, a efectos legais, como Polígono.

Tres décadas despois, Barreiros conta con máis de 100 empresas que dan emprego directo a máis dun milleiro de traballadores.

A proximidade coa cidade de Ourense e a boa conexión coa A-52 (Vigo-Madrid), converten ao Polígono Barreiros nun área empresarial moi interesante para situarse como empresa.