I Andaina popular rutas de sendeirismo

I-Andaina-PopularTerá lugar o domingo 14 de outubro de 2007, con saída ás 9:00 horas.

O punto de partida: estará situado na área recreativa de A BOUTUREIRA. Chégase desde Ourense a través da estrada OU-0517, en dirección Ourense - San Cibrao das Viñas - Vilanova - Soutopoenedo - A Merca... No quilómetro 6,5, nada máis pasar o campo de fútbol e as piscinas, estará sinalizada a entrada cara á BOUTUREIRA.

GPS: 42º 15' 58" N, 7º 53' 00.5" O

Percorrido

Vaise realizar sobre unha distancia aproximada de 21 quilómetros, e constará de tres tramos de forma circular, con punto central en A BOUTUREIRA, podendo cada participante remata-lo percorrido ó final de cada tramo.

TRAMO 1º: A Boutureira - Montelongo de Arriba - A Boutureira. Distancia: 10 quilómetros.

TRAMO 2º: A Boutureira - Muíño Victoria - A Boutureira. Distancia: 6,4 quilómetros.

TRAMO 3º: Muíño Victoria - Outerio Calvo - A Boutureira. Distancia: 5,7 quilómetros.

Todo o percorrido estará sinalizado, sendo obrigatorio o paso polos controis establecidos pola organización.

O responsable de control e o camiñante escoba poderán retirar da proba a calquera participante se a súa mobilidade, ou o seu estado físico, así o aconsellan.

O participante que se retire deberá avisar no control máis próximo. O perfil da proba pode considerarse de dificultade MEDIA.

Inscripcións

Poden realizarse directamente no Concello de San Cibrao das Viñas (988 381 034), e nas tendas de deportes: Armería O Vinteún (988 373 766), Takos Sport (988 373 700), EnLibre Montaña (988 269 963), Zagora Aventura (988 269 408 / 988 235 147), Arana Sport (988 391 307), Red.1 Deportes (988 237 019). O prezo da inscrición será de 5 EUROS e dará dereito a unha camiseta conmemorativa, avituallamento líquido e almorzo campestre, ó remata-la proba.

Dorsais

Co boletín de inscrición cuberto e pagado, recollerase o dorsal.

As tendas de deportes subministrarán dorsais ata o día 10 de outubro e ata un máximo de 200participantes.

No Concello de San Cibrao das Viñas poderán retirarse ata o día 11 de outubro.

Se quedasen dorsais libres, poderán recollerse en A Boutureira o día 14, ás 8:30 horas, antes do comezo da proba e ata chegar ó tope de 200 participantes.

Non se permitirá participar a nengunha persoa sen dorsal.

Responsabilidades

A organización declina toda responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia.

Os participantes exoneran á organización de toda responsabilidade no caso de accidente ou lesión.

Premios

Tódolos participantes que acaben un tramo da proba terán dereito á camiseta conmemorativa.

Haberá premio para o CLUB con máis participantes.

Premio para a participante feminina de máis idade que remate a proba.

Premio para o participante masculino de máis idade que remate a proba.

Premio para a participante feminina máis xove que remate a proba.

Premio para o participante masculino máis xove que remate a proba.

Haberá sorteo de agasallos entre tódolos participantes.