Visita de Papá Noel a San Cibrao!

Papá Noel non se esqueceu dos nenos e nenas de San Cibrao das Viñas.

O día 23 de decembro estivo no centro multiusos e recibíu un por un a todos os rapaces do Concello, entregándolles un agasallo. Houbo tamén inchables e xogos para que o divertimento fose completo.