Renovación da rede de saneamento en Picouto

Beatriz Mato e o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández, rubricarán un convenio de colaboración para a execución de actuacións hidráulicas.

Un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia e o Concello de San Cibrao das Viñas permite acometer a renovación da rede de saneamento de Picouto.

O proxecto, dotado con 50.000 euros dos Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), ten por obxectivo cambiar as antigas tubaxes por outras de PVC e, ao mesmo tempo, separar as augas pluviais das residuais.

 

Traballos de apertura da gabia para a instalación das novas tubaxes para a recollida de residuais.
Traballos de apertura da gabia para a instalación das novas tubaxes para a recollida de residuais.