Nesta sección facilitamos o proceso a seguir para a matriculación dos nenos e nenas que desexen asistir a esta escola infantil para o curso que comeza en setembro do ano 2018 e que e válido para nenos e nenas nados a partir do 1 de xaneiro de 2016.
Listado provisional de admitidos
O listado atoparase neste apartado unha vez rematada a baremación.
Listado provisional Maio 2018 (Cando esté dispoñible)
Listado definitivo de admitidos
Despois do prazo establecido, publícarase neste apartado durante o mes de maio.
Listado definitivo Junio 2018 (Cando esté dispoñible)
Prazos
Do 1 ó 20 de marzo:
Este prazo só e necesario para os alumnos/as que están matriculados/as no curso actual na escola e desexen continuar na mesma. Para o cal deberán presentar a seguinte documentación nas instalacións da Escola Infantil e no propio Concello:
- Folla de solicitude de reserva de praza selada no rexistro de entrada do Concello, descarga o documento (PDF, 95KB).
- Relación do núcleo de convivencia do Concello onde resida a unidade familiar.
- Declaracións da renda correspondentes ó ano 2016 de todos os membros da unidade familiar.
- Certificados laborais actuais dos pais.
Unha vez comprobada a realización deste trámite, estes alumnos/as terán garantido o acceso o novo curso sempre que formalicen o pago da correspondente matrícula previa comunicación do Concello.
Do 2 ó 20 de abril:
Este prazo vai dirixido a todos os/as nenos/as que soliciten praza por primeira vez na escola infantil, e durante o mesmo terán que presentar a documentación seguinte:
- Folla de solicitude de praza selada no rexistro de entrada do Concello, descarga o documento (PDF, 153KB).
- Fotocopia cotexada do libro de familia dende a primeira folla ata a ultima cuberta.
- Fotocopia cotexada do título ou equivalente de familia numerosa, no seu caso.
- Fotocopia cotexada do DNI, do Pasaporte ou documento acreditativo dos pais/nais ou titores legais, en vigor.
- Certificado de empadroamento actualizado con relación do núcleo de convivencia (certificado de convivencia) do Concello onde resida a unidade familiar.
- Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
- Os/as profesionais autónomos/as achegarán ademáis da declaración da renda correspondente ó exercicio anterior, a base de cotización do último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social.
- Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerce a patria potestade achegando sentenza ou convenio regulador no seu caso.
- Documentación acreditativa no caso de cursar estudos oficiais.
- Copia da última nómina e certificado da empresa con especificación da xornada laboral dos membros da unidade familiar que aparezan no certificado de convivencia.
- Fotocopia da tarxeta do INEM, si se atopa como demandante de emprego.
- No caso de non poder achegar documentación xustificativa de ingresos, declaración xurada ó respecto dos membros que proceda.
- Certificado de Vida Laboral das persoas maiores de 18 anos que formen parte do núcleo de convivencia expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.
- Certificado de minusvalía alegada polos membros da unidade familiar.
Durante o mes de maio:
Faranse públicas as listas provisionais de admitidos/as, excluídos/as e a lista de espera para o curso 2018/2019 nesta mesma páxina, no taboleiro de novas do Concello e nas oficinas da escola infantil, e unha vez transcorrido o prazo establecido no artigo 21º do regulamento de réxime interior, elevarase a dita lista a definitiva, e publicarase durante o mesmo mes.
Durante o mes de xuño:
Os nenos/as que figuren como admitidos/as na lista definitiva terán que facer efectivo o ingreso da matrícula na conta bancaria que se lles facilitará ó efecto, e de non facelo, decaerá o dereito á praza.
Para resolución de dúbidas
Na Escola infantil no número 988 384958, ou directamente a coordinadora da Escola infantil Susana Doval no número 608 931615.