Enquisa de sustentabilidade ambiental no Concello de San Cibrao

O Concello de San Cibrao das Viñas está a elaborar a súa Estratexia de Sustentabilidade Ambiental para contribuír a mellorar o seu comportamento fronte o cambio climático. Para a posta en marcha da Estratexia é necesaria a implicación da cidadanía na loita contra o cambio climático, buscar a súa corresponsabilidade, para que modificando os seus hábitos, reduzan emisións de GEI e demanden ao resto de axentes unha maior consideración desta problemática.

A continuación axúntase unha enquisa que resulta imprescindible para o desenvolvemento da Estratexia e que nos permite analizar aspectos como o grao de información e coñecemento sobre o cambio climático, o grao de responsabilidade que está disposto a asumir o cidadán e as tarefas a levar a cabo para lograr a mitigación do cambio climático.

Para colaborar na loita contra o cambio climático fai click na seguinte ligazón e cubre a enquisa.

Enquisa para a Estratexia de sustentabilidade ambiental no Concello de San Cibrao.

Moitas grazas.