Documentación necesaria

Instancia solicitando licenza municipal de obra, dirixida o Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluírse os seguintes datos:

Datos do solicitante:

  • Nome.
  • DNI.
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
  • Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.

Datos da obra:

  • Enderezo exacto das obras (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal).
  • Referencia catastral da finca ou edificio no que se realizarán as obras.

Outra documentación

  • Dous exemplares do proxecto técnico, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Impreso de estatística de edificación.
  • Oficios de dirección de obra, visado polo colexio profesional do técnico ou técnicos encargados da dirección de obra.
  • Estudio de Seguridade e Saúde ou Estudio Básico de Seguridade e Saúde na Obra, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (0,2% taxa e o 2,2% imposto do orzamento indicado).
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, copia da escritura da constitución da sociedade, na que figure o obxecto da entidade e copia da escritura do poder de representación da persoa que actúe e nome da entidade.

Impreso da solicitude

Formulario de solicitude de obra | Documento Acrobat Reader, 142KB