Documentación necesaria

Instancia solicitando licencia municipal de segregación, agrupación ou reparcelación de fincas, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:

Datos do solicitante:

  • Nome.
  • DNI.
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
  • Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.

Datos das fincas afectadas:

  • Enderezo exacto das fincas (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea, cidade, código postal).
  • As referencias catastrais das fincas.

Outra documentación

  • Dous exemplares do expediente urbanístico para agrupación, segregación ou reparcelación, redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (0,10% do valor das fincas afectadas).
  • Documentación acreditativa da propiedade das fincas.

Impreso da solicitude

Formulario de solicitude de licenza | Documento Acrobat Reader, 30KB