Concurso de Fotografía do Nadal (Galería de Premiados)

O Concurso de fotografía recibíu 46 obras: 31, no apartado de adultos, e 15, no de infantil

O Concurso de fotografía do Nadal 2016, que organizou o Concello de San Cibrao das Viñas a través da Biblioteca Municipal, recibíu 46 obras: 31, no apartado de adultos, e 15, no de infantil.

O xurado, integrado por Teresa Moya, Silvie Godron e Marita Salgado, elixíu, como gañadoras no apartado infantil, as fotografías de Meritxell González (1º premio), Laura Agís (2º) e Iria Rodríguez (3º). Na categoría de adultos, os tres premios corresponderon a Katy González (1º), Óscar Pérez (2º) e Carlos González (3º).

O alcalde, Pedro Fernández, as concelleiras Marta Nóvoa e Mónica Prieto, e a coordinadora do Centro Cultural, María Ángeles Santos, asistiron ao acto de entrega dos premios aos gañadores, consistentes en figuras de cerámica Galos, libros, puzzles e álbumes fotográficos.