Este centro deportivo foi inaugurado o 27 de xaneiro de 2017 e está situado en Pontenoalla.

Instalacións

As modernas instalacións climatizadas, contan con espazo de cafetería con vending, sala de ximnasiosala de usos colectivos, así como vestiarios, e servizos de wifi en todo o recinto.

O Ximnasio

ximnasio consta de una sala de 250 m2, con 20 máquinas de exercicio aeróbico con servicio de Internet e TV, así como zona de peso libre e numerosas máquinas de musculación, dispón de monitor deportivo que se encarga de supervisar o correcto funcionamento, así como aconsellar e instruír os nosos deportistas veciños.

Sala de Clases Colectivas

A sala de clases colectivas, de 110 m2, está preparada para todo tipo de exercicios en grupo, ademáis de contar con bicicletas de spinning.

Servizos tempada 2016/2017

  • Servizo de Ximnasio
    Horario de luns a venres de 10:00 a 22:00 de forma ininterrompida.

Prezos tempada 2016/2017

Ximnasio supervisado polo monitor, prezo para empadroados de 5 euros por mes, e 100 euros por mes para non empadroados