Percorrido:
– Boutureira (Capela de San Roque)
– San Cibrao das Viñas
– O Condado
– Noalla
– Ponte Noalla
– Castroverde
Código: PR-32910-OU
Quilómetros: 1,5 Km.
Duración: 3 horas 15 minutos
Dificultade: media

RutaD

Iniciamos a ruta na Boutureira dende a marxe esquerda do río Barbadás, ata chegar a San Cibrao das Viñas. Pronto nos decatamos do grandioso patrimonio cultural co que a vila conta, a través da súa igrexa plateresca, capelas románicas, cruceiros, fontes,…

Avanzamos por camiños salpicados de tradicións e moldeados pola forza da natureza; con predominio de carballos, bidueiros, castiñeiros, érbedos,…. Preto do Condado, divisamos o Pazo de Noalla e a Casa Reitoral, edificacións de gran importancia no S.XIX. A ruta continúa ata chegar ao fermoso muíño de Castroverde.

Lugares de interese

Igrexa de San Ildefonso en San Cibrao

Esta construción data entre os S.XVI-XVII. De estilo claramente plateresco. Adosada ao lateral da fachada, álzase a torre do campanario con tres corpos e con ocos para oito campás no 3º nivel.

No atrio da igrexa, eríxese un fermoso cruceiro do S. XVI.

Capela do Santo Cristo en San Cibrao

Capela do S.XII, un claro exemplo do románico rural.

O modo de construción é sillería isodoma. É de planta rectangular, cunha soa nave.

A porta principal conta cun arco de medio punto con grandes dovelas.

Destacan os canzorros nos laterais da capela.

O Condado

Antigo núcleo de gran importancia a comezos do S.XX, xa que era o lugar de paso de arrieiros e lugar de xuntanza.

Muíño de Castroverde

Situado na marxe esquerda do río Barbaña, accedemos a través dunha ponte de lousas de pedra.

O Muíño data do ano 1876. Restaurado polo Concello de San Cibrao das Viñas no 2010.

Antigamente servía para a moenda de cereais como: avena, centeo e sobre todo millo. Polos que había que pagar unha maquía por cada ferrado de grao.

rutaD2-SanIldefonso

rutaD3-SantoCristo