Percorrido:
– Boutureira
– Muiño de Soutopenedo
– Igrexa de San Miguel
– Cruceiro de Soutopenedo
Código: OU-C-32910-3
Quilómetros: 2,4 Km.
Duración: 50 minutos
Dificultade: media

Nesta ruta cuio punto de partida é a Boutureira, dirixímonos por unha pista forestal ata o muiño de Soutopenedo. Alí poderemos ver un muiño do ano 1886, restaurado polo Concello de San Cibrao das Viñas no ano 2003. Esta levouse a cabo conservando a súa estructura tradicional.

Case ó final da ruta, atoparémonos coa Igrexa de San Miguel de Soutopenedo, que é unha construcción románica do século XII, con achegas posteriores do Barroco. Xusto ó final desta ruta, atoparémonos co cruceiro de Soutopenedo, construcción do século XVIII. Preséntase elevado sobre unha plataforma de forma cuadrangular, con varal octogonal, sobre a que podemos ver un capitel corintio. No anverso podemos observa-lo suplicio de Xesús e no reverso a dor de María.

Lugares de interese

Igrexa de San Miguel de Soutopenedo

rutaC2-1Templo románico do século XII, con reformas posteriores. Igrexa de plan basilical, sobre a que podemos ver unha torre de tres corpos.

A fachada presenta pilastras que se pechan cara abaixo, sobre taboleiros de placas. Tamén chaman a atención os ollos de boi (ventás oxiviais) que serven para unha maior entrada de luz á nave.

Así mesmo, presenta unha fermosa torre barroca, posiblemente do século XVIII, na cal podemos observar unha balaustrada, con pináculos de bolas.

O tellado desta construcción é a duas augas, con pequenas gárgolas que sen dúbida se usaban como aliviadeiro da auga de choiva. Algúns autores resaltan que a presenza de gárgolas nas igrexas era para afasta-los males do santuario ou ós infieis.

Cruceiro de Soutopenedo

rutaC2-2Cruceiro do século XVIII, sen dúbida os cruceiros son unha das máis características e orixinais manifestacións da arquitectura popular galega.

O cruceiro está levantado sobre unha plataforma de forma cuadrangular, composta por escaleiras.

Sobre a plataforma sitúase un pedestal de forma cuadrangular, con varal octogonal, sobre a que podemos ver un fermoso capitel corintio.

No anverso da cruz amósase o suplicio de Xesús e no reverso a dor de María.