Percorrido:
– Boutureira
– Laxe
– Rego
– Boutureira
Código: OU-B-32910-2
Quilómetros: 6,4 Km.
Duración: 1 hora e 50 minutos
Dificultade: media

A andaina ten a súa orixe na Boutureira, paraxe natural situado en Soutopenedo, dende onde sae unha pista forestal que rodea sinuosamente o río Barbadás. A un quilómetro do punto de partida, aproximadamente, atopámonos cos pobos de Laxe e Rego, onde se poden visitar os dóus pazos que vamos a atopar nesta ruta.

A andaina continúa de novo por pista forestal, a dóus quilómetros, xiramos a man dereita, por camiño tradicional, onde atoparemos á man esquerda tres pozas de regadío tradicional. Seguindo a andaina chegamos novamente ó río Barbadás, posando por riba dunha fermosa ponte de pedra, regresando ó punto de partida por pista forestal-tradicional que nos leva xustamente, xunto a un fermoso muíño de auga, no que se distingue un corpo rectangular con tellado a unha auga; o material usado na súa construcción é chotería.

Lugares de interese

Pazo de Laxe

rutaB2-2Edificio de planta rectangular, alargada. O modo de construcción é de pedra de cantería e nalgún caso pedra labrada. A época de construcción é de principios do século XIX. Destaca a súa fermosa cheminea, que sen dúbida é mostra de que antano aquí houbo unha gran casa señorial.

Ainda que o seu estado non é moi bo, xa que se fixeron reformas posteriores pouco acordes co modelo orixinal, está considerado patrimonio cultural.

Actualmente o seu uso é residencial-privado.

Pazo do Rego

rutaB2-3Edificio de planta rectangular, alargada. O modo de construcción é de pedra de cantería e nalgún caso pedra labrada. Destaca o fermoso patio interior cunha gran fonte. Está considerada patrimonio cultural e o seu estado de conservación é bo. Actualmente este pazo ten un uso residencial-privado.

A vinculación do pazo galego á cultura popular é indiscutible, tal e como o demostra a gran cantidade de lendas, contos ee poesías que ó largo da historia o foron convertindo no protagonista do medio rural no que se erixe, cumprindo o papel das vilas rurais, en xeral, na arquitectura europea.

Estas grandes xoias da cultura galaica, cuio orixe arquitectónico se remonta ós castelos e fortalezas medievais e a súa posterior transformación civil ó inicio da Idade Moderna, son casas fidalgas edificadas no campo, de proporcións e formas máis suntuosas e superiores ás do habitat normal da zona, como sen dúbida é o caso do Pazo de Rego, cun patio interior con fonte, adornado cunha gran balaustrada.