Percorrido:
– Boutureira
– Capela de San Roque
– Outeiro Calvo
– Boutureira
Código: OU-A32910-1
Quilómetros: 6,2 Km.
Duración: 1 hora e 40 minutos
Dificultade: media

A andaina ten a súa orixe na Boutureira, fermosa paraxe natural, composta por unha presa natural e unha ponte de madeira. Neste caso procédese á saida dende a marxe esquerda do río Barbadás, xusto ó lado do muíño.

Na metade da ruta, aproximadamente, atopámonos cunha pequena desviación á esquerda, que nos levará ata a capela de San Roque. Trátase dunha pequena capela de estilo neoclásico, século XIX, onde o que chama a atención é a súa espadana, con pináculos de bola.

Ó pasar polo lugar de Outerio Calvo, – fermosa aldea tradicional galega-, continuamo-la ruta por unha pista forestal, chegando de novo ó punto de partida.

Lugares de interese

Muiño de auga da Boutureira

rutaA2-1Esta construcción data do ano 1889, foi restaurada polo Concello de San Cibrao das Viñas non ano 2006.

Consta dun corpo cuadrangular con tellado a unha auga.

O material usado na construcción, como podemos observar na imaxe é chotería.

Na parte inferior van depositados os rodicios, aparece un arco, onde se lle dá saída á auga ó leito do río. Na parte superior, podemos ve-la sala de moer, que é onde se albergan os mecanismos de moenda.

Capela de San Roque

rutaA2-3Pequena capela de estilo neoclásico, do século XIX, dunha soa nave e cuberta a dúas augas, onde chama a atención a súa espadaña, que está decorada con pequenos pináculos de bola (seguramente influencia do barroco rural anterior, tan arraigado nesta zona).

RutaA