No Concello de San Cibrao existen varias Rutas de Sendeirismo na contorna da zona recreativa de A Boutureira, unha zona moi atractiva para a práctica deste deporte. No seguinte mapa amósase un mapa da zona no que se pode ver o punto onde comezan as rutas.

Tamén podes descargar o cuadríptico coa información das Rutas:  Folleto das Rutas 3,7 MB.

MapaRutas

Acceso principal: a carón das piscinas e do campo de fútbol de Soutopenedo.
A Boutureira: inicio das rutas.

Rutas de sendeirismo

Ruta A

Percorrido: Boutureira – Capela de San Roque – Outeiro Calvo – Boutureira
Quilómetros: 6,2
Duración: 1 h. 40 min.
Dificultade: media
Acceder á Ruta A

Ruta B

Percorrido: Boutureira – Laxe – Rego – Boutureira
Quilómetros: 6,4
Duración: 1 h. 50 min.
Dificultade: media
Acceder á Ruta B

Ruta C

Percorrido: Boutureira – Muiño de Soutopenedo – Igrexa de San Miguel – Cruceiro de Soutopenedo
Quilómetros: 2,4
Duración: 50 min.
Dificultade: media
Acceder á Ruta C

Ruta D

Percorrido: Boutureira (Capela de San Roque) – San Cibrao das Viñas – O Condado – Noalla – Ponte Noalla – Castroverde
Quilómetros: 11,5
Duración: 3 h. 15 min.
Dificultade: media
Acceder á Ruta D

 

Outros datos de interese

Servizo de guía para grupos con máis de 15 persoas, en días laborables. Solicitude e información nos teléfonos do Concello.