O Concello de San Cibrao das Viñas, conta cunha variedade patrimonial exquisita, da cal sabe dar a coñecer ao visitante a mellor opción. Ofrece unha inmellorable oferta; cultural, ocio e deporte…baseada tanto na riqueza e variedade de entornos naturais, rutas de sendeirismo como no seu importante patrimonio histórico artístico, así como da súa arquitectura popular, festas patronais e gastronomía.

O patrimonio adquiriu un gran valor social nos nosos tempos, con múltiples derivacións culturais, económicas, turísticas entre outras, que poden ser postas ao servizo da sociedade para incrementar a educación cultural da mesma, así como do seu desfrute. De aí que se fale hoxe tanto de recursos culturais, como dos que a continuación falaremos. Deste modo, atendendo ao noso patrimonio histórico herdado, clasificarémolo do seguinte modo: patrimonio arqueolóxico, patrimonio cultural e patrimonio natural ou paisaxístico.