Para falar do camiño de Santiago previamente debemos falar do protagonista principal desta maxestosa historia que se centra ao redor da cidade de Santiago de Compostela, que é o apóstolo Santiago. Grazas ao cal, xorde este enramado de camiños ao longo na nosa xeografía e que van a desembocar xunto del, onde descansan os seus restos mortais, e que se converteu ao longo dos séculos, nun lugar de peregrinación máxico Santiago de Compostela.

Santiago, era discípulo predilecto de Xesús e predicador do seu Evanxelio nas terras do noroeste peninsular, aínda que non consegue acadar a presenza que el esperaba de fervorosos cristiáns, regresou as súas terras de partida Xerusalén, e foi alí onde Herodes Agripa no ano 44, o decapitou. Os discípulos fieis que o seguiron nas súas predicacións, conseguiron poñer o seu corpo sen vida a salvo a pesar das prohibicións da época, para darlle un final digno ao seu predicador. Ata que foi atopado anos máis tarde e sería Alfonso II o encargado de erguer un templo sobre os seus restos. Comezaron a xurdir mitos e lendas ao redor do Apóstolo que conseguiron forxar así unha historia que quedaría gravada a pesar das dificultades que se vivían no momento.

Nos séculos XII e XIII, a actual cidade de Santiago de Compostela alcanzou o seu máximo esplendor. O Papa Calixto II concedeu á Igrexa Compostelá o “Xubileo Pleno do Ano Santo” e foi Alexandro II o que o declarou perpetuo, converténdose Santiago de Compostela na cidade Santa xunto con Xerusalén e Roma. O ano Santo celébrase cada vez que a festividade do Apóstolo cae a domingo, 25 de Xullo.

Son centos de turistas que se achegan ata esas terras de Santiago de Compostela por diversos camiños como o camiño do Norte, o camiño Primitivo, O camiño Francés, co ramal Vasco e Aragonés, a ruta da Prata que ben se une ao camiño Francés ou o Sanabrés, o camiño Portugués, tantos camiños como tantos son os motivos polos que o peregrino toma a decisión de emprender unha viaxe que o levará directo a un santuario máxico onde según conta a lenda leváronse a cabo moitos milagres: uns veñen movidos pola maxia e o misterio, outros móveos o sentido relixioso do camiño, outros veñen atraídos polas fermosas paraxes e polas súas xentes, cultura e tradicións, outros sen embargo buscan unha experiencia deportiva pola propia superación física e psicolóxica que supón embarcarse nesta aventura de camiñar ante as adversidades climatolóxicas e a falta de recursos. Promesas que non se perden no camiño, se non que é o camiño a que as enriquece e as fai centro e motivo principal para recoller os folgos que precisan nas situacións e momentos máis importantes da peregrinaxe. As fortalezas e debilidades saen a relucir no camiño, consciente de que este pequeno paso suporá un gran cambio para a vida de tantos peregrinos, a pesar de ter obxectivos de peregrinar diferentes.

O camiño Sanabrés constitúe nos seus 367 Km, unha continuación da Vía da Prata. É en Zamora máis concretamente dende a Granxa de Moreruela, onde o peregrino que ven de Sevilla ou Mérida seguindo o itinerario da antiga Vía Romana, decide adentrarse en Galicia por a ruta, denominada Camiño Sanabrés ou tamén chamado Camiño Mozárabe, ou Camiño Galego do Sur. Atravesando varios concellos como; A Mezquita, A Gudiña, Castrelo do Val, Laza, Vilar de Barrio, Xunqueira de Ambía, Taboadela, San Cibrao das Viñas, Seixalvo e Ourense.

Mapa do Camiño de Santiago no Concello de San Cibrao

mapa-camiño

Etapas do Camiño

Etapa 1: Granxa de Moreruela – Tábara.
Etapa2: Tábara – Santa Croya de Tera.
Etapa 3: Santa Croya de Tera – Rionegro del Puente.
Etapa 4: Rionegro del Puente – Puebla de Sanabria.
Etapa 5: Puebla de Sanabria – Lubián.
Etapa 6: Lubián – A Gudiña.
Etapa 7: A Gudiña – Laza.
Etapa 8: Laza – Xunqueira de Ambía.

Etapa 9: Xunqueira de Ambía- Ourense.

Etapa 10: Ourense – Cea.
Etapa 11: Cea – A Laxe.
Etapa 12: A Laxe – Outeiro.
Etapa 13: Outeiro – Santiago.

O concello de San Cibrao das Viñas convida ao peregrino a coñecer a través de parte do camiño de Santiago, as súas xentes, a cultura, a artesanía, gastronomía e as fermosas paisaxes que converten o Concello nun lugar cheo de encanto para visitalo en calquera data do ano, ofrecendo ao visitante a posibilidade de descanso, nas áreas habilitadas ao efecto.

O peregrino tras abandonar o Concello de Taboadela, somérxese de cheo no noso Concello. Dándolle a benvida o pobo de Santa Cruz da Rabeda, seguido de A Castellana, parto do sector A do Polígono e Reboredo para finalmente enlazar co Cumial e seguir cara o concello de Seixalvo.

Descrición do itinerario

indicador camiño

inicio-camiñoO itinerario do peregrino polo noso Concello comeza a altura do punto quilométrico 12 da OU-0102 pasamos baixo a ponte do ferrocarril, xusto onde comeza o Concello de San Cibrao das Viñas (Km 12,4).

indicador camiño

O primeiro pobo que da a benvida ao camiñante e Santa Cruz da Rabeda. Aquí sitúase a man dereita, a carón dun parque público, un fito e unha lousa de pedra indicando a dirección do camiño. A man esquerda atopamos unha taberna e unha zona verde con merendeiros e fonte. Neste pobo destacamos a súa igrexa de fachada neoclásica coa representación en talla de granito da Virxe Da Santa Cruz, avogada dos aflixidos e o seu cruceiro con capitel corintio. Cabe destacar como novidade, a escultura do artista Manuel Gil, natural de San Cibrao das Viñas, e que deseñou e levou a cabo el. Trátase dun peregrino xigante a modo de robot, que emite palabras, como por exemplo: “os deseo, buen camino!”, e a maiores move a cabeza a modo de saúdo. Está elaborado con materiais reciclados.

indicador camiño

Continuando coas sinais que marcan o destino a Santiago de Compostela, despois dunha zona de desnivel positivo, denominada As Espedradas, preto dun dos lavadoiros de Santa Cruz, que conserva os seus esquinais en pedra granítica. Chegamos o pobo de A Castellana Km 13,5.

indicador camiño

E aquí na Castellana, onde atopamos, un bar, un restaurante, un estanco. Dende este punto, podemos considerar que estamos ás portas da entrada ao polígono Industrial David Ferrer. Neste punto localizamos tamén un fito e unha lousa do camiño na que se ve claramente tallada unha frecha que indica o camiño a seguir polo peregrino. Tódolos fitos, conteñen o seu propio kilometraxe, para axuda do camiñante.

indicador camiño

Seguindo o camiño, adentrámonos no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, despois dunha rotonda atopamos un área de descanso para o peregrino repoñer forzas. Conta cunha área de descanso. A asociación e empresarios do polígono Industrial decidiu aproveitar o paso da vía da prata por San Cibrao para habilitar esta área de descanso, no que participou a Asociación Cultural Vía da Prata – Camiño Mozárabe Ourense. O recinto con bancos e mesas para o descanso e teito para dar sombra, foi parcialmente construído por os alumnos da escola obradoiro Senda Verde, posta en marcha por la propia asociación empresarial del Polígono e que centra as súas actividades e traballos na rehabilitación e acondicionamento de zonas verdes no polígono de San Cibrao das Viñas.

Situándose a carón do niño das Ciconias que poboan esta zona. Un fito indica o punto quilométrico 117,5 Km. As Ciconias son aves que poden acadar os dous metros de envergadura alar e poden chegar a pesar 5 Kg. En Galicia é unha especie máis común nas zonas de Lugo e Ourense. No polígono de San Cibrao, existen ao menos tres parellas nidificantes que crían cada ano en tres puntos diferentes: no sector A do Polígono, en Ponte Noalla e en Paderne. No polígono xa teñen o niño feito enriba dunha cheminea. Moi preto dun área dedicada a exposición de estruturas metálicas de aceiro, dos alumnos dun curso impartido pola Asociación de Empresarios do Polígono.

area-descanso-camiño

indicador camiño

Moi preto deste punto kilométrico, desviándonos uns metros pola primeira saída da rotonda chegamos unha senda verde, que conta con zonas de recreo e ocio. E que continua sinuosamente pola beira dun regueiro, dando lugar a unha zona fresca e apacible para o desfrute, xusto no medio do polígono industrial. Hedras, salgueiros, amieiros, figueiras silvestres, rebolas, amieiros, bidueiros forman parte da paisaxe.

indicador camiño

Avanzando polo Polígono Industrial David Ferrer, concretamente por la Calle 3 del sector A, pronto atoparemos o desvío a esquerda para dirixirnos cara Reboredo, próximo núcleo de poboación. Un fito situado no cruce indícanos a kilometraxe, neste caso 114,216 Km. Xusto neste punto tamén se sitúa un sinal con indicación dunha área de servizo aberta 24 horas, que conta con cafetería, restaurante, e pensión.

poligono-camiño

indicador camiño

Collendo o desvío cara a esquerda, atoparemos unha rotonda, e tomando a primeira saída encamiñarémonos cara Reboredo, pola OU- 0514. Reboredo é un núcleo que conta con 490 persoas censadas e que se sitúa moi preto das vías do tren, de feito estas atravésano partindo o pobo en dous, conectando ámbalas partes mediante pontes.

Nesta poboación os servizos se incrementan. Os peregrinos ao seu paso atoparán panaderías, bares, restaurantes, pizzerías, hostais, bancos, farmacias, correos, tendas, estanco, ferreterías, dentista, talleres mecánicos, parada de taxi, parada de bus urbano.

En Reboredo cabe destacar o peto das ánimas que se atopa na praza principal do pobo, preto dun cruceiro modernista, ao igual que a capela dos remedios que reflexa o seu arte románico.

indicador camiño

Seguindo as indicacións da escultura de Nicanor Carballo marcada como Antigo Camiño de Santiago e un fito guían aos peregrinos en dirección á dereita. Unha forte pendente despide ao peregrino por as nosas terras para deixalo en mans de Seixalvo no Alto do Cumial (Km 16,5) Concello de Ourense.

escultura-camiño

 

Perfil de ruta para o peregrino

Indicamos a continuación o perfil da ruta que discorre polo noso Concello dende Santa Cruz ata Reboredo: Cun desnivel baixando de 50,9 metros en 3,17 Km. Cun desnivel subindo de 30 metros en 556 metros e cunha pendente do 5%.

perfil-camiño

O noso Concello procura ter perfecto o camiño, libre de maleza e perfectamente sinalado, para que non haxa lugar a equivocacións por parte dos peregrinos, servindo de guía no seu camiñar.

indicador3-camiño
indicador2-camiño
indicador1-camiño