A Axencia de Lectura

A Axencia de Lectura está situada a carón do Concello, está integrada na Rede de Bibliotecas de Galicia e ten libros de literatura, enciclopedias, nenos, mozos, etc… Con un total de 7.800 volumes de diferentes temas que se atopan dispoñibles. Dispón do sistema informático – Meiga 2001 – que permite aos usuarios acceder rapidamente ó acervo da Biblioteca.

Asimesmo, a Axencia de Lectura, dispón de exemplares de lectura para todas as idades a outras publicacións diarias e revistas sobre diversos temas e de entretemento.

Servizos

  • Servizo de Información bibliográfica e xeral.
  • Servizo de Consulta en sala de lectura.
  • Servizo de Préstamo de libros e audiovisuais (cursos de Inglés, crónica do seculo XX…).
  • Formación de usuarios: inclúe visitas de escolares pre-organizadas para ver como funciona unha biblioteca, cales son os requisitos para converterse nun membro da axencia, etc.
  • Servizo de acceso gratuíto a Internet: A axencia ten oito ordenadores dispoñibles para os usuarios, para realizar consultas e un escáner e impresoras (en cor e branco e negro).
  • Clases de Informática: iniciación ás TIC’s (horario de mañá).
  • Apoio nas tarefas escolares (horario de tarde).

Préstamos de libros

O servizo de préstamo da biblioteca para ata 15 días, prorrogables, con renovación. Isto require ter a tarxeta da Axencia de lectura, é fácil de conseguir, xa que só precisas:

  • Dúas fotografías tipo carne.
  • Fotocopia do DNI.

Normas de uso dos ordenadores

  • Anotar na ficha o nome de usuario, a fecha e hora na que se realice o servizo.
  • O tempo de uso máximo e de 30 minutos se hai outras persoas á espera.
  • Non se permite baixar, descargar, ou executar NADA DE INTERNET.
  • Non se permite comer nin falar mentres se fai uso dos ordenadores

Horarios

De luns a venres, de 9:30h a 13:30h, e na tarde de 16:30h a 18:30h (horario de inverno).

De luns a venres, de 9:00h a 15:00h (horario de verán).

Mes de agosto pechado.