Descripción do trámite

Con este trámite, os interesados poden obter permiso de vertido ao sistema público de saneamento e depuración de augas residuais deste Municipio.

Obrigatoriedade do servizo

  • O emprego da rede de sumidoiros públicos para a evacuación de augas residuais será obrigatorio para todos os inmobles productores de augas residuais, coas seguintes excepcións:
    1. – Aqueles que non posúan unha rede de sumidoiros a menos de 100 metros do límite do seu predio co espazo de dominio público.
    2. – Os productores de augas residuais non domésticas que non obteñan o permiso municipal de vertido por realizar vertidos inadmisibles para o sistema.
  • Nos supostos sinalados nos apartados 1 e 2 do parágrafo anterior, os inmobles deberán estar provistos de sistemas autónomos de saneamento e depuración eficaces e que non supoñan un risco para o medio ambiente. Os sistemas autónomos de saneamento e depuración instalados que xeren vertido directo a dominio público ou vertido indirecto por infiltración no terreo deberán tramitar a correspondente autorización de vertido ante a administración competente, segundo o establecido na normativa vixente en materia de vertidos ó dominio público hidráulico. Sen prexuízo disto, para poder empregar o dispositivo de depuración instalado deberán ademáis obter a licenza de primeira ocupación da edificación á que preste servizo ou, no caso de establecementos suxeitos a licenza de apertura, a licenza de actividade correspondente. En ningún caso se concederá a licenza de primeira ocupación ou a licenza de actividade cando se careza de sistemas de saneamento e depuración autónomos que reúnan os requisitos sinalados no presente artigo.
  • Con carácter xeral, queda prohibido o vertido á rede de saneamento das augas non residuais que se recollan nos baixos e sotos dos edificios e as procedentes de mananciais ou filtracións do terreo.
    Excepcionalmente, estes vertidos poderán ser autorizados cando se acredite que non existe outra posibilidade para a súa eliminación, previa a obtención do permiso especial de vertido tramitada conforme ó establecido na presente ordenanza.
  • A baixa no servizo de saneamento e depuración poderá autorizarse a pedimento do usuario cando non exista ocupación efectiva do inmoble, de modo conxunto coa baixa do servizo de abastecemento. Igualmente, producirase a baixa de oficio nos supostos de caducidade do permiso municipal de vertido, cando este sexa esxicible.

Permiso especial de vertido: supostos nos que é esixible.

  • Quedan obrigados a obter permiso de vertido ao sistema público de saneamento e depuración de augas residuais os seguintes usuarios:
    1. – Os usuarios non domésticos.
    2. – Os usuarios de calquera clase que, excepcionalmente, realicen vertidos das augas non residuais que se recollan nos baixos e sotos dos edificios e as procedentes de mananciais ou filtracións do terreo.
    3. – Os usuarios cuxos inmobles consuman auga non procedente do servizo municipal de abastecemento de auga potable.
    4. – Os usuarios que realicen vertidos non canalizados ó sistema de depuración.
  • O resto de usuarios non precisarán obter o permiso especial de vertido, puidendo verter á rede unha vez autorizada e executada a acometida correspondente e producida a alta no servizo de abastecemento, conforme ó establecido na regulamentación específica deste servizo municipal. En todo caso, os usuarios domésticos quedan igualmente sometidos ás prohibicións establecidas na presente ordenanza, en particular ás prohibicións e limitacións contidas nos anexos I e II.
  • A esixencia do permiso especial de vertido xustifícase por razóns imperiosas de interés xeral, concretadas na necesidade de establecer medios preventivos eficaces de protección do medio ambiente, da saúde das persoas e do bo funcionamento dos bens de dominio e servizo público que integran o sistema de saneamento e depuración.

Para comprender e coñecer o alcance completo de este trámite, pode consultar a ordenanza municipal ó respecto: Ordenanza reguladora do servizo público de saneamento e depuración de augas residuais do municipio. | Documento Acrobat Reader, 848KB

Documentación necesaria:

A documentación necesaria para dito trámite, detallase no formulario da solicitude, pero consta dos seguintes puntos xerais.

  • Memoria descritiva (detallada no formulario).
  • Planos da rede de desaugamento do edifico.
  • Descrición do desaugamento.
  • Solicitude de permiso debidamente cuberta.

Formulario:

Solicitude de permiso especial de vertido á rede Municipal | Documento Acrobat Reader, 88KB