Documentación necesaria

Escrito de comunicación da intención de executar a obra, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:

Datos do solicitante:

  • Nome.
  • DNI.
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
  • Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.

Datos da obra:

  • Descripción de tódalas obras a realizar, indicando a superficie, lonxitude e materiais a utilizar.
  • Orzamento das obras.
  • Enderezo exacto das obras (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal).
  • Referencia catastral da finca ou edificio no que se realizarán as obras.

Outra documentación

  • Plano ou esbozo de situación que permita a localización da obra.
  • Abono das taxas e impostos municipais: O abono ten que efectuarse no momento de presentar a solicitude, (0,2% taxa e o 2,2% imposto do orzamento indicado).
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, copia da escritura da constitución da sociedade, na que figure a obxeto da entidade e copia da escritura do poder de representación da persoa que actúe en nome da entidade.
  • No caso de ser esixible proxecto técnico redactado por técnico competente e visado polo colexio profesional correspondente.
  • Copia de todalas autorizacións administrativas legalmente esixibles.
  • Documento de avaliación ambiental no caso de requerila o uso que vaian destinadas as obras.
  • Copia da autorización ou dictamen ambiental así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando foran legalmente esixibles.

Impreso da solicitude

Formulario de comunicación previa de obra | Documento Acrobat Reader, 158KB