Documentación necesaria

Instancia solicitando licencia municipal de ocupación, dirixida á Sr. Alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas. Na solicitude deberán incluirse os seguintes datos:

Datos do solicitante:

  • Nome.
  • DNI.
  • No caso de ser unha persoa xurídica a que solicite a licencia, ademais dos datos anteriormente indicados, deberá incluir o nome ou razón social da empresa solicitante.
  • Enderezo exacto para notificacións (rúa, número de edificio, planta e letra do piso, nome da aldea ou cidade, código postal, email). É recomendable incluir un teléfono e/ou un enderezo electrónico de contacto.

Datos do edificio:

  • Enderezo exacto do edificio (rúa, nº do edificio, planta e letra do piso, nome da aldea, cidade, código postal, no caso de que as obras sexan nunha finca rústica, nº da finca e nº do polígono).

Outra documentación

  • Copia da licencia de obra concedida ou datos que permitan localizala nos arquivos municipais.
  • Certificado final de obra, emitido polos técnicos encargados da dirección da obra, visado polo colexio profesional correspondente.
  • No caso de existir modificacións na obra respecto do proxecto aprobado, que non sexan sustanciais, planos nos que estean reflectidos os cambios, redactados polos técnicos encargados da dirección da obra e visados polo colexio profesional correspondente.
  • Abono das taxas (0,05% do orzamento final da obra).
  • No caso de existir modificacións sustanciais deberá solicitarse a legalización da obra presentando a documentación correspondente.

Impreso da solicitude

Formulario de solicitude de ocupación | Documento Acrobat Reader, 25KB