Descripción do trámite

É a solicitude para a tramitación da visita de inspección previa a posta en funcionamento dun establecemento suxeito ó procedemento de avaliación de incidencia ambiental regulada polo decreto 133/2008. En exclusivo para as licenzas tramitadas segundo o decreto 133/2008.

Estarán sometidas ao trámite as seguintes actividades

  • Tódalas actividades que o decreto 133/2008 de avaliación de incidencia ambiental sinale que están suxeitas ó procedemento de abaliación de incidencia ambiental.

Se o desexa pode consultar a ordenanza municipal ó respecto: Ordenanza reguladora dos procedementos de autorización e control do exercicio de actividades e servizos | Documento Acrobat Reader, 1052KB

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude de visita de inspección previa a posta en funcionamento.
  • Certificado de fin de obra no caso de que existan obras maiores.
  • Xustificante do pagamento das taxas.

Formularios:

Impreso de Solicitude de visita de inspección previa | Documento Acrobat Reader, 78KB