Descripción do trámite

É a solicitude para a tramitación da licenza que acredita que un local conta coas condicións legais para exercer a actividade a que se destina.

Estarán sometidas ao trámite as seguintes actividades

En atención á concorrencia de razóns de interese xeral derivadas da necesaria protección da seguridade e saúde pública, dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias, do mantemento da orde pública, así como da adecuada conservación do ambiente e do patrimonio histórico artístico, será precisa a obtención de licenza ou autorización para:

  • A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas que se desenvolvan en establecementos públicos cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
  • A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento.
  • A celebración de espectáculos e actividades extraordinarias e, en todo caso, os que requiran a instalación de escenarios e estruturas móbiles.
  • A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas ou deportivas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da comunidade autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
  • A celebración dos espectáculos e festexos taurinos.
  • A apertura de establecementos e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de autorización.

Documentación necesaria:

  • Impreso de solicitude de apertura.
  • Impreso de acreditación técnica de actividade subscrito por técnico competente que certifique que a actividade cumpre a normativa aplicable.
  • Localización do establecemento público, espectáculo público ou actividade para o/a cal se solicita a licenza. Referencia catastral da finca ou local.
  • Proxecto técnico, entendido como o conxunto de documentos que definen as actuacións que se van desenvolver, co contido e detalle que lle permita á Administración coñecer o obxecto delas e determinar o seu axuste á normativa urbanística e sectorial aplicable. O proxecto que se presente incluirá o contido mínimo previsto pola normativa sobre prevención e seguridade en materia de incendios, deberá estar asinado polo/a técnico/a competente e deberá conter os datos e requisitos da normativa específica sobre edificación, prevención e control ambiental que sexan de aplicación aos proxectos construtivos e de actividades.
  • Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao proxecto técnico a que fai referencia a alínea anterior.
  • Declaración da persoa titular ou organizadora, se é o caso, onde faga constar o compromiso de contratación dos seguros previstos nesta lei.
  • Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades que se van desenvolver nel.
  • Documento acreditativo da designación, por quen solicite a licenza, da persoa que debe asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do establecemento á licenza outorgada, no cal debe constar o nome, o enderezo e a titulación e habilitación profesional da persoa designada.
  • A solicitude de licenza urbanística, se é o caso, acompañada pola documentación requirida pola normativa urbanística.
  • Esquema unifilar da instalación eléctrica.
  • Certificado de seguridade e solidez estrutural.
  • Fotocopia da póliza de seguro de responsabilidade civil.
  • Xustificante do pagamento das taxas.

Formularios:

Impreso de Solicitude de licenza de apertura | Documento Acrobat Reader, 160KB

Impreso de Acreditación técnica de actividade | Documento Acrobat Reader, 84KB